A feira de artesanía “Chalana” volve á praza de Ourense durante as festas

160

A praza de Ourense acollerá este ano a oitava edición da Feira de artesanía Chalana que estará aberta do 16 de xullo ao 4 de agosto. O horario de apertura é de 11 a 14 horas e de 19 a 23 horas.

Nesta edición participarán 15 expositores -máis do 50% de Pontevedra- que ofrecerán xoiaría, ferrería coiteleira, coiro, teceduría, cerámica, téxtil, instrumentos tradicionais, xoguetes de madeira, xabóns, esmaltes e vidro.

Este ano vivirá unha renovación coa incorporación de tres novos expositores: un artesán xaboeiro (Taller Algalia), e dúas artesáns e deseñadoras (La luna y la luciérnaga, que ven dende Asturias e traballa con materiais naturais e reciclados; e unha deseñadora valenciana, Mónica Curvetto da firma Moon de Val que achegase a amosar a súa colección de roupa 100% algodón, totalmente artesanal e de uso moi cotián).

Como en anteriores edicións, o número de solicitudes para participar incrementaron o número de postos da feira.

Segundo a organización, na pasada edición pasaron por Chalana máis de 100.000 persoas.