Pendentes de Augas de Galiza para rematar os últimos trámites do saneamento do Gafos

106

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana un informe elaborado polos servizos xurídicos do Concello no que se dá conta a Augas de Galiza sobre o estado de execución das esixencias fixadas por este organismo autónomo da Xunta para a execución do saneamento do Gafos. Segundo explicou o portavoz do Goberno e responsábel do Ciclo da Auga, neste documento inclúese:

  1. A aprobación pola Xunta de Goberno Local o proxecto de saneamento do Gafos.
  2. Logo da aprobación pola Xunta de Goberno  Local, someter o proxecto a exposición púbica durante 30 días.
  3. Reiterar o compromiso de explotación, conservación e mantemento das obras “a pesar de que Ponte Caldelas e Vilaboa verten a este saneamento, polo que sería máis normal que o mantemento correse a cargo de Augas de Galiza”, explicaba Raimundo González.
  4. Pór a disposición os terreos da rúa Otero Pedraio, así como as autorizacións da Dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento polo ámbito de actuación no Pino.
  5. Solicitan á Xunta que remita ao Concello o plano de deslinde do terreo de dominio hidráulico para poder determinar cales das fincas particulares poidan estar afectadas e pór estes terreos da disposición de Augas de Galiza.

“Para nós, o do Gafos é un proxecto moi importante, e con independencia de que sexan máis ou menos esixentes, a prioridade é que se faga a obra”, manifestaba Raimundo González Carballo. “Nós temos a máxima vontade e colaboración, pero pedímoslle que o liciten dunha vez”, concluía o concelleiro responsábel do Ciclo da auga.

Informe Gafos