Todo listo para transformar Almacéns Rodiño nun centro de día

136

A Comisión de Urbanismo aprobou esta semana o proxecto para transformar un dos edificios nobres da rúa Don Gonzalo, en pleno corazón do centro histórico, nun centro de día para a Terceira Idade promovido pola iniciativa privada.

Trátase das instalacións do que fora Almacéns Rodiño, e que leva moito tempo de trámites administrativos, até chegar a este momento, no que o Concello xa dispón de todos os informes favorables para transformar o edificio nun centro de día.

Dende o Concello considérase este acordo como unha boa nova dado que a cidade disporá dun novo equipamento para a Terceira Idade en pleno centro histórico, coa inxección económica da iniciativa privada que supón, coa mellora das dotacións de servizos para a cidadanía e tamén polo que supón de recuperación dos edificios máis emblemáticos do centro histórico.