A Xunta bloquea o desenvolvemento do polígono do Vao á espera de cambiar varios erros no proxecto

189

O Concello de Pontevedra mantivo onte unha reunión coa Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia para tratar de desbloquear a aprobación definitiva da modificación puntual da parte do polígono do Vao, en Campañó, pendente de desenvolver.

Á reunión asistiron técnicos municipais e representantes técnicos da empresa que quere executar este polígono industrial, e logo da reunión o particular aceptou correxir certos erros de escasa entidade que se acaban de detectar no proxecto e adxuntar documentación complementaria para garantir o cumprimento da normativa de paisaxe, unha dos problemas para que a Xunta aprobe a modificación puntual do PXOM.