Cespa, gañadora na mesa de contratación do mantemento dos xardíns

151

A oferta da empresa Cespa foi a escollida pola mesa de contratación para asumir o contrato de “Mantemento e conservación de determinadas zonas axardinadas e arbolado viario do municipio de Pontevedra”, segundo explicou o concelleiro de Contratación e Economía, Raimundo González Carballo ao remate da mesa de contratación.

A oferta de Cespa é de 613.750 euros  (ive incluído) por cada un dos catro anos de contrato. Tamén están contempladas prórrogas por dous anos. A que será nova concesionaria, unha vez que a proposta da mesa estea aprobada pola Xunta de Goberno Local, tamén asumirá sin coste municipal, inversións de 100.000 euros ao ano en plantas, árbores, pequenas obras de reparacións…

Cespa tamén contempla incrementar a plantilla ao incorporar dous xardineiros, polo que o servizo terá 15 operarios e a totalidade da plantilla da actual concesionaria será subrrogada pola nova empresa.

Unha das melloras que oferta á empresa e que axudou a declinar a adxudicación foi o incremento de 1,2 hectáreas de superficie a tratar, a maiores das 88 que xa se incluía no prego do concurso. As zonas incluídas nestas 1,2 hectáreas a maiores son: os entornos das casas da cultura de A Devesa, Meán, Cons e Lusquiños. parque forestal do Pontillón do Castro, zona verde de Conde Bugallal, tramo da senda do Lérez entre Monte Porreiro e Bora, e unha zona de case 14.000 metros cadrados do polígono residencial de Valdecorvos.