O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos rapaces do Bora C.F. para felicitalos polo seu recente ascenso á liga galega de cadetes. Foi un acto no que estivo presente a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro así como o equipo técnico do clube.