A Comisión de Benestar, Cultura e Dinamización sociocultural reuniuse esta mañá no Concello de Pontevedra para abordar os seguintes asuntos que serán debatidos na sesión plenaria do vindeiro luns, 20 de xullo.
- Moción do grupo municipal do BNG, para nomear a respecto do emprego de nomes de mulleres para a denominación de vías públicas, parques e edificios municipais, e outras formas de recoñecemento e homenaxe. A comisión acordou ditaminar favorablemente este punto cos votos a favor dos representantes dos grupos municipais do BNG (4), do PS de Galicia-PSOE (1) e Ciudadanos (1), e a abstención dos representantes dos grupos municipais do Partido Popular (2) e Marea Pontevedra (1).
- Moción do grupo municipal de Marea Pontevedra para que non se asine o contrato de cesión de uso da praza de touros para espectáculos non taurinos nin outros similares que favorezan o maltrato animal. A comisión acordou rexeitar por maioría a moción cos votos en contra do Grupo Municipal do BNG (4) e do Grupo Municipal do Partido Popular (2), a favor o Grupo Municipal do PS de Galicia-PSOE (1) e Marea Pontevedra (1). Abstención de Ciudadanos (1)
- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular para convocar un novo concurso sobre a denominación das vías públicas de Pontevedra. A comisión acordou rexeitar por maioría a moción cos votos en contra do Grupo Municipal do BNG (4), Grupo Municipal do PS de Galicia-PSOE (1), Marea Pontevedra (1) e Ciudadanos (1), e os votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular (2).
- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular para a declaración do Camiño Portugués como patrimonio da humanidade. A comisión acordou aprobar por unanimidade a proposta presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular.