O alcalde recibe aos gañadores pontevedreses do Campionato de España de piragüismo en pista

61

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos palistas dos clubs Cidade de Pontevedra e Club Naval de Pontevedra que obtiveron medalla no Campionato de España de piragüismo en pista que se celebrou nas instalacións do Pontillón do Castro, en Verducido, o pasado fin de semana.

Fernández Lores déulles os parabéns polos éxitos conseguidos e animounos a seguir co traballo duro para acadar logos tan importantes como o do pasado fin de semana.

Os piragüistas que estiveron na recepción foron:

  1. CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA
    1. Iago Monteagudo
      1. OURO: xuvenil K-1 1000 metros
      2. OURO: K-2 1000 M
      3. PRATA: K-2 500 M
    2. Adrián García
      1. OURO: K-2 1000 M
      2. PRATA: K-2 500 M
    3. Carla Sieiro
      1. BRONCE: xuvenil feminina de K-1 1000 metros
      2. BRONCE: xuvenil K-1 500 metros
  2. CIDADE DE PONTEVEDRS
    1. Jenifer Casal
      1. PRATA: senior C-1 500
      2. OURO: C-2 500 metros
    2. Raquel Rodríguez
      1. OURO: C-2 500 metros
    3. Isabel Noya
      1. PRATA: C-2 500 metros
    4. Noelia Rodríguez
      1. PRATA: C-2 500 metros
    5. Alexandre Castro Rodríguez
      1. BRONCE: K2 – 1000metros
    6. Iván Villanueva García
      1. BRONCE: K2 – 1000metros