O Concello saca a contratación diversos gastos correntes dos servizos municipais

113

O Concello de Pontevedra aprobou esta mañá o inicio da licitación de tres servizos de gasto corrente das instalacións municipais referidas ao material de oficina, á encardenación e tamén á dotación de material de produtos de limpeza e artigos hixiénicos de papel por valor de 366 660,12 euros.

A Xunta de Goberno acordou sacar a contratación estes servizos baixo os seguintes criterios:

  • O servizo de encadernación para as distintas oficinas municipais será por 40.449,56 euros e será por tres anos máis a posibilidade de prorrogalo un máis.
  • A dotación de material de productos de lipeza e artigos hixiénicos ten unha contía de 64.000 euros por dúas anualidades máis a posibilidade de prórroga por dous anos máis.
  • A dotación de material de oficina tamén terá unha duración de dous anos coa posibilidade de prorrogar dous anos máis e terá unha contía de 262.210,56 euros.