Oito autoescolas da cidade colaboran co Plan de prevención de drogas “Cambio de sentido”

126

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana o programa “Cambio de sentido” en colaboración con autoescolas da cidade e que pretende previr os accidentes de tráfico no que interveñen o alcol e outras substancias adictivas. Este programa está incluído dentro do Plan Municipal de Condutas Adictivas e xestionado a través do equipo de Prevención dende a súa creación, hai 15 anos.

            O programa consiste nunha intervención nas autoescolas no que se explican os diferentes contidos teóricos: tipo de drogas, efectos, o grao alcólico, unidades de bebida, cálculo do índice de alcolemia, a tolerancia, os límites, mitos, alternativas…

            Neste programa participan as seguintes autoescolas:

  • Autoescola Chaves.
  •  Autoescola Ecovial.
  •  Autoescola Teucro
  • Autoescola Tambo.
  • Autoescola Via verde.
  •  Autoescola Cancela (antiga Arias)
  • Autoescola Peregrina.
  • Autoescola Camba.

            A morbilidade e mortalidade derivada dos accidentes de tráfico constitúen un problema importante nas sociedades industrializadas. Unha parte moi importante dos accidentes de tráfico mortais están relacionados co consumo dunha ou máis substancias adictivas.

            Os datos facilitados polo Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses (2015) en relación aos accidentes no ano 2014 indican que o 39,09% dos conductores falecidos presentaron resultados positivos en sangue a drogas e/ou psicofármacos e/ou alcohol. O 77,66% dos conductores falecidos con alcol en sangue presentaban taxas superiores a 1.20 g/L. No 67,8% dos casos con resultado positivo detéctase alcol solo ou asociado a drogas e/ou psicofármacos. No 35,17% detéctanse drogas de abuso solas ou asociadas con alcohol e/ou psicofármacos, e no 27,50% psicofármacos solos ou asociados con alcohol e/ou drogas.

            As persoas mozas son máis sensibles aos efectos do alcohol, polo que, se o consumen, é máis doado que teñan deterioradas as capacidades psicofísicas necesarias para conducir. Por outra banda, é importante sinalar que os efectos do alcohol son maiores nos conductores con pouca experiencia, xa que aínda no automatizaron os movementos necesarios para a condución e que se aprenden coa práctica. Por iso aos conductores noveles se lles permite una taxa de alcoholemia menor para circular.

            En particular Pontevedra é unha zona conflictiva debido a estrada Sanxenxo-Pontevedra, por onde se desprazan un elevado número de mozos/as as fins de semana do verán.

            Non existe unha única solución para reducir os accidentes nos que están implicados os mozos e mozas. En moitos casos estes non están causados por un descoñecemento das leis e normativas de tráfico ou pola ausencia de habilidades básicas para manexar o vehículo. A cuestión é máis complexa e o problema parece estar máis relacionado coas seguintes premisas:

  • Características evolutivas da mocidade:
    • Propensión a asumir riscos.
    • Percepción de invulnerabilidade persoal.
    • Susceptibilidade ante a presión de grupo.
    • Tendencia a construír un mito persoal.
    • Fabulación sobre unha potencial audiencia imaxinativa.
    • Experiencia sobre a conducción moi limitada.
    • Actitudes arriscadas en canto ao consumo de drogas no marco da movida nocturna.
    • Distorsión na percepción do risco en relación a diversos temas relacionados co tráfico e a grave interacción entre estas situacións e o consumo de drogas.
  • O consumo de alcohol na mocidade española encádrase dentro do chamado “modelo nórdico”:
    • Inicio de consumo en idade moza.
    • Consumo de fin de semana e pola tarde-noite.
    • Bébese fóra do entorno familiar.
    • Primeiro consúmese “calimocho” para pasar despois a bebidas destiladas en combinados.
  • Características da vida nocturna:
    • O alcohol forma parte da vida recreativa nocturna da mocidade.
    • A vida de noite implica amplos desprazamentos en vehículo propio ou alleo.
    • A mobilidade para desprazamentos a diversos locais e zonas é alta.
    • O 43% dos mozos europeos e o 50,7% recoñecen ter conducido nalgún momento baixo os efectos do alcohol.
    • En ESTUDES 2010 un 21,3% dos estudiantes de 14-18 años recoñecía ter sido pasaxeiro nos últimos 12 meses en vehículos conducidos baixo os efectos do alcohol. Esta cifra aumenta coa idade e alcanza o 31,9% entre os estudiantes de 18 anos.
    • Existencia dunha baixa percepción dos riscos que comporta conducir baixo os efectos do alcohol e outras drogas que provoca que as persoas que o fan non adoiten ningún tipo de precaucións ao respecto.
  • Outros factores de risco engadidos son as condicións baixo as cales soen conducir as persoas que consumen alcohol e outras substancias psicoactivas:
    • De noite.
    • Cansas, normalmente coa intención de chegar rápido a seguinte discoteca ou a casa.
    • Manter o son da radio a todo volume.
    • En vehículos repletos de xente que poden distraer ao conductor.
    • Compañeiros que nada máis introducirse no coche quedan durmidos.
    • Vehículos de gran cilindrada ou ben o coche vello do pai/nai.

            Os obxectivos do programa son os seguintes:

  • Mellorar a información do alumnado das autoescolas en relación aos riscos asociados á conducción de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, incrementando a percepción de risco.
  • Incrementar a percepción de “vulnerabilidade persoal”.
  • Reducir o número de accidentes viarios entre os mozos/as nos que interveñen o alcohol e outras drogas.
  • Promover actitudes e conductas máis seguras e responsábeis na conducción de vehículos entre a poboación que se está a preparar para obter o permiso de circulación nas autoescolas.
  • Promover entre os alumnos/as das autoescolas alternativas á conducción baixo os efectos das drogas.