Zafarrancho de limpeza na contorna do Pazo da Cultura

123

 A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión limparase a rúa Rafael Areses e a avenida de Bos Aires, dende a Ponte dos Tirantes até a Ponte de Santiago.

            Logo desta limpeza, a Concellaría de Servizos suspende os zafarranchos no ámbito urbano até a segunda quincena de setembro, dado que no mes de agosto e na primeira quincena de setembro os efectivos centraranse en manter limpos os recintos das festas utilizados cada día por miles de persoas.

            No zafarrancho deste xoves, dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

            A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.