Pontevedra dá a benvida aos nenos do Sahara

190

O Concello de Pontevedra recibiu aos nenos saharauis que pasarán o verán en terras da comarca. Foron atendidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces que aproveitaron o momento para reivindicar a liberación do pobo saharaui.

Os mozos viñeron acompañados de varios adultos así como das familias de acollida durante estes dous meses de verán.

O Concello agasallóunos cunha mochila e material escolar, así como cunha camiseta do Concello.