Este sabado tes unha nova cita con Apadriña Jam 6.0

174

Máis un ano organízase en Pontevedra o Apadriña Jam, un evento cultural e deportivo que integra skate, graffiti e baloncesto.

            O Apadriña xorde da iniciativa dun grupo de rapaces de Pontevedra afeccioados a todas estas disciplinas e que soen utilizar as pistas deportivas de Campolongo como espazo de encontro para practicar todas estas afeccións e que levan xa seis edicións buscando apoios organizativos para levar a cabo unha Jam pola que pasan cada ano, máis de 500 mozos e mozas de toda Galicia e visitantes da nosa cidade.

            Dende o ano 2011 este evento xuvenil conta cada verán co apoio organizativo da Concellaría de Xuventude, que a través do seu programa xuvenil “Ponteverán” lle dá soporte técnico e difusión pública. Ao mesmo tempo, contan coa colaboración doutros entes municipais como son o Local de Música e o Instituto Municipal de Deportes a través da cesión de materiais, medallas e trofeos.

            O programa previsto para esta 6ª Jam contempla a simultaneidade das distintas disciplinas ao longo de toda a xornada.

            Ao remate da xornada e terá lugar a entrega de premios dos torneos de skate e graffiti, grazas á colaboración e patrocinios de diferentes marcas deportivas e de tendas afíns a estas disciplinas.

            A organización convida á participación libre aberta de xente de todas as idades para presenciar un evento organizado pola mocidade de Pontevedra, e poder así gozar con eles das súas destrezas e habilidades, nun contorno lúdico e cultural para toda a xornada deste sábado 25 de xullo nas Pistas deportivas de Campolongo.

Apadriña Jam 6.0

HORARIO

GRAFFITI

BASKET

SKATE

8 – 10h

Montaxe do evento ( módulos, carpas, delimitación das canastas)

10 – 10:30h

Exhibición

Inscrición equipos

Inscrición skaters sub 16

10:3014h

Liguiña

SKATE SUB 16

14 – 16h.

DESCANSO

16 – 18:30h

Exhibición

Liguiña e Clasificatorias ata semifinais (incluída)

Liguiña e Clasificatorias ata semifinais ( incluída)

18:30 – 19h

Campionato triples e mates

19 – 20:30h

FINAL DE BASKET

FINAL SKATE

20:30h

ENTREGA TROFEOS E PREMIOS

Máis información: mailto:jam.apadrina@gmail.com

 

 

Bo día, Gabinete de Comunicación