Espectáculo, música, lume, son… En definitiva, diversión e emoción volverán ás rúas de Pontevedra da man do Festival de rúa único en España: Itineranta, que este ano chega á súa sexta edición e que se desenvolverá os días 4, 5 e 6 de agosto.
Nesta ocasión a organización fixo unha selección das mellores compañías do Estado que amosarán polas rúas espectaculares propostas das artes escénicas con zancos, malabares, teatro, cabaret, batukada, performance, música en directo, lume, pirotecnia… Nesta ocasión participarán os grupos:
- K de calle (Zaragoza)
- Troula Animación (Vigo)
- Kull d´Sac (Valladolid)
- Olodum do Coio (Pontevedra)
- Efimer (Lleida)
- Tutatis (Barcelona)
- Pablo Méndez Performances (Pontevedra)
- Kanbahiota Trup (Albacete)
- Turutukupa (Vitoria)
Como nas últimas edicións, Itineranta terá tres rutas polas que amosará os seus espectáculos por todas as rúas e prazas do centro histórico.
- A ruta A vai de Méndez Núñez, a Leña e Pregrina
- A ruta B vai do Teucro, ás Cinco rúas, Méndez Núñez e Curros Enríquez
- A ruta C vai dende a praza de España, por Peregrina e Curros Enríquez.