O hipódromo de Campañó acolle este domingo a sétima Gala hípica

187

O hipódromo de Campañó acolle este domingo, 26 de xullo, a VII Gala hípica Virxe Peregrina, coa que colabora o Concello de Pontevedra. O espectáculo foi presentado esta mañá por parte das concelleiras de Deportes e a dGala Hipicaelegada da parroquia de Campañó, Pilar Comesaña nun acto no que estiveron acompañadas dos responsables da Comunidade de Montes da parroquia e tamén dos organizadores.

Este evento comezará cunha ruta de 20 quilómetros que se celebrará pola mañá. Partirá ás 10.30 horas do hipódromo para chegarse a Meis, pasar pola ladeira do Castrove e regresar ao hipódromo sobre as 14.00 horas. Ao final celebrarase unha comida na que será precisa incrición previa en Agrícola Roberto.

Pola tarde está previsto o tradicional concurso morfolóxico de cabalos. Será a partir das 16.30 horas e no que participarán arredor de 100 cabalos. A entrada para presenciar o concurso é de balde.