Parabéns a todos os participantes nos xogos do Eixo Atlántico

377

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos deportistas pontevedreses gañadores dalgún trofeo ou medalla nos últimos xogos do Eixo Atántico que se disputaron en Porto, Vilanova de Gaia e Guimaraes a primeiros do mes de xullo.

Nesta recepción oficial, celebrada na Casa das Campás, o alcalde estivo acompañado da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, así como do portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira e outros membros do seu equipo dado que o Goberno Local convidou a todos os grupos municipais a esta recepción.