O alcalde recibe aos autónomos cos que se compromete a colaborar

137

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a visita da Asociación de Autónomos e Pequena empresa de Galiza, o colectivo empresarial destas características que teñen máis presenza e afiliación en Galiza e en Pontevedra. Son 43.000 socios en Galicia, dos cales 14.000 son na provincia de Pontevedra e 1.000 no concello.

O alcalde escoitou as súas demandas que se centran en traballar a favor dos autónomos en asesoramento, información e formación, polo que tamén solicitan a colaboración do Concello, e por iso solicitarán unha próxima reunión coa concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, que esta mañá non puido asistir ao encontro por motivos de axenda.

O alcalde aproveitou a súa visita para explicarlles que o Concello apoiará todo o que supoña creación e fomento da actividade económica na cidade. De feito, un dunha das persoas que acompañaba a esta comitiva era o presidente dos hoteleiros de Poio que lle pediu ao alcalde que se continuase coa promoción deportiva da cidade xa que supón un impulso importante do sector.

Fernández Lores explicoulles que o modelo de cidade que defende para Pontevedra ten no seu centro aos autónomos, especialmente todo aqueles vinculados aos sectores do turismo e hostalería, polo que lles confirmou futuras colaboracións -de existir algunha iniciativa-, e manifestoulles que os principais problemas que afectan ao sector son a situación da economía con carácter xeral, os baixos salarios, a reducción da demanda social, e o apoio ás grandes superficies, situacións contra as que loita o Concello, dentro das súas competencias.