Case 2,2 millóns de euros para distintas obras

200
Duas adxudicacións e varias “luz verde” para iniciar diversos procedementos administrativos para realizar outras son os principais froitos da Comisión de Goberno celebrada hoxe luns.
Segundo anunciou en roda de prensa o voceiro, Raimundo González, as adjudicación consisten na rehabilitación da vía que une a N541 coa igrexa de Mourente (234.000 euros), que ademáis leva un sistema de delimitación entre o espazo destinado ao tráfico peonil, para protexelo do rodado. Tamén foi axudicado o servizo de prevención de riscos laborais do Concello, por 24.000 euros, e a mediación para os distintos seguros, que foi adxudicada á xestoría Gil y Carbajal, por algo máis de 9.000 euros.
Outras obras que recibiron luz verde foron iniciar os expedientes para contratar a rehabilitación da Rúa dos Campos (perto da UNED), á que se destinarán 241.000 euros, á reforma urbana nas rúas Xosé Millán (285.000 euros) e Javier Puig (471.000) e a proxectos de accesibilidade e restauración da vía entre a Laxiña e Porta da Coxa, en Lérez, por valor de algo máis de 241.000 euros.
Por último, aprobouse igualmente licitar o servizo de atención a pequenas obras de rehabilitación da vías urbanas por un importe que supera levemente os 726.000 euros para os tres próximos anos, a razón de 200.000 euros anuais máis impostos.