O Concello seguirá colaborando coas ANPAs, pese á inconcreción da Xunta

136

O Concello de Pontevedra continuará promovendo convenios de colaboración coas Federacións de Pais e Nais do municipio, pese ás dúbidas que ofrece a actual normativa autonómica. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Educación, Carme Fouces, que asumiu esta responsabilidade tras as últimas eleccións.

Fouces anunciou tamén que ían ser revisadas as bases da convocatoria de axudas para as ANPAs, un proceso no que tomarán parte todas aquelas entidades de nais e pais que o desexen, a fin de prever posibles desencontros que poidan existir.
Este extremo foi precisamente ao que se referiu o presidente da FANPA, Roxelio Carballo, que valorou moi positivamente que a administración local por fin se abra a recoller a opinión das entidades para reformular toda a súa política de subvencións, cousa que antes non se facía.
Entre 1.100 e 1.300 nenos e nenas benefícianse deste tipo de colaboración entre o Concello e as entidades de nais a pais, ademáis doutras 1.500 prazas en ludotecas, e de 25 particularizadas para nenas e nenos con necesidades especiais.