“Paseantes”, unha oferta musical ecléctica para as rúas da cidade este vernes e sábado

243

Esta fin de semana o centro histórico de Pontevedra acollerá unha nova proposta da programa de festas: Paseantes, centrada en distintos estilos musicais e que busca a sorpresa das persoas que gocen da cidade nos momentos en que se celebren estas actuacións. Celebrarase o venres e o sábado dende a mañá até a noite en distintos espazos do centro histórico para escoitar dende ópera a swing, jazz ou música tradicional.

A concelleira de Festas, Carme da Silva explicou que é un programa no que o Concello leva traballando máis de un ano, que nesta ocasión está prevista para dúas xornadas, “pero a idea é que se consolide e vaia medrando”.

Xunto a Carmen da Silva estaban os colaboradores do programa Cristina González e Diego Parajó que explicaron que Paseantes é unha perfecta ferramenta de dinamización da rúa a través da música coa posibilidade de abrir á rúa a distintos estilos musicais.

A selección escollida para esta primeira edición é ecléctica coa obxectivo de sorprender aos viandantes con propostas sinxelas pero atrevidas.

Na súa presentación destacouse a oportunidade de dar unha funcionalidade cultural ao modelo de cidade, xa que na participación e na convivencia que promove Pontevedra encaixan perfectamente propostas como Paseantes.

Os grupos e autores escollidos para participar nesta primeira edición son Trilitrate, Fátima Baña, Mr. Cool, Miguel Abalo e Víctoria Álvarez, Nacho Pérez Cuartet, Jesús Vidal, A máquina de meter medo, Davide Salvado, Reyner Aldana Trío e Alfombra voadora, e achegaranse a estilos musicais como música contemporánea, tradicional, swing, electrónica, fusión, jazz ou ópera entre outras.