O concelleiro de Economía e Contratación, Raimundo González informou esta mañá do proceso de adxudicación do novo préstemo que solicitará o Concello neste mesmo ano. Trátase dunha contía de 2.885.000 euros toda ela destinada a investimentos. As partidas do préstemo serán:
- 200.000 euros para redes de sumidoiros no rural
- 700.000 euros para accesibilidade no rural
- 400.000 euros para accesibilidade na zona urbana
- 635.000 euros de rehabilitación de rúas
- 150.000 euros para edificacións e outras construcións
- 300.000 euros para abonar parte da cota do convenio de Acuaes
- 500.000 euros para a cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes
Este luns comezou o proceso de adxudicación coa reunión da mesa de contratación que abriu as ofertas recibidas. Foron 6 das que quedaron excluídas Bankia (por falta de documentación) e o Banco Santander (por pór condicionantes á concesión do crédito). As empresas admitidas foron:
- Abanca
- BBVA
- Sabadell
- Bancaixa
O venres celebrarase a segunda volta da mesa de contratación, coa que se facilitará a todas as concurrentes a proposta da mellor oferta por se a queren mellorar. Segundo explicou Raimundo González, todas as ofertas elas rondan entre o euribor +0,89 e a mellor que é de euribor +0.3.