A oposición inspecciona as obras de Josefina Arruti

189

Representantes de PP e PSOE participaron hoxe nunha visita á nova Avenida de Josefina Arruti, guiada polo enxeñeiro municipal, Jesús Gómez Viñas, á que tamén asistiu o concelleiro de Mobilidade, Luis Bará, que anunciou que en menos dun mes a obra queda completamente lista.

É a primeira vez que unha obra se explica directamente aos representates da oposición, tal como estes pediron na Comisión de Mobilidade. “Así aprendemos todos, porque algunhas críticas que se escoitan a veces obedecen únicamente á falta de coñecementos”. Tamén anuncióu que o xoves terá unha xuntanza cos veciños dese lugar alí mesmo na obra para xirar unha última visita con eles e comprobar que todo está en boas condicións para ser recibida polo Concello e inaugurada.

Bará dixo que para a inauguración están xa en contacto co Ministerio de Fomento para reservar un espazo na axenda da ministra Ana Pastor. Tamén manifestou a súa intención de realizar un acto relacionado coa que será a denominación da rúa, á que presta o seu nome a que fora dona do alcalde republicano da cidade en 1936 e que sofriu as duras consecuencias da represión franquista.

Tanto na parte principal da obra como na avenida de Vigo, na avenida da Estación, na zona peonil e ciclista inferior, e adxacentes, está todo bastante avanzado e quedan poucos detalles que serán rematados nestes últimos días.

Obras de Josefina Arruti - IMG_4124Ainda que só asistiron ás explicacións técnicas membros do PSOE e o PP, fóron tamén convidados os grupos da Marea e Ciudadanos. Só María Rey anunciou que non podería vir por atoparse fóra da cidade.

A iniciativa de realizar esta explicación parteu do grupo do PP. Solicitouno na Comisión de Mobilidade e axiña se realizou.