Cincocentas novas luminarias led nos accesos á cidade aforrarán 300.000 euros en 10 anos

131

As luminarias de case 500 farolas actuais dos accesos á capital serán substituídas por outras de tecnoloxía led, o que permitirá un aforro do 80% da enerxía que consumen hoxe. Así o anunciou o concelleiro Demetrio Gómez Xunqueira en roda de prensa.

Un estudo previo a este contrato que será licitado próximamente estima que o a inversión realizada agora polo Concello, que ascende a case 250.000 euros será amortizada en 4,4 anos grazas ao propio aforro enerxético. Estimando que a vida útil das luminarias é duns 10 anos, o aforro global en enerxía eléctrica ascende a 300.000 euros durante a seguinte década.

O contrato que se prepara para a súa licitación inclúe a substitución das luninarias e o seu mantemento no prazo dos próximos 5 anos. Estímase que dentro deste 2015 estean xa substituídas as 492 farolas.

Ademáis do aforro económico en si, o concelleiro suliñou que a medida se enmarca tamén na equiparación da calidade entre a zona urbana e a periurbana e nas políticas de sustentabilidade que se levan a cabo en todo o municipio constantemente, xa que a substitución da tecnoloxía enerxética non é algo novo.

As parroquias ás que afecta a medida son, entre outras, Alba, Campañó, Tomeza, Marcón e Salcedo, ademáis de Pedra do Lagarto, Monte Carrasco e Pintos.