En breve rematará o lavado de cara do Principal

151

En poucos días estarán rematadas as obras de reforma das fachadas e paredes nais do Teatro Principal, que fóron visitadas esta mañá polos concelleiros de Cultura, Anxos Riveiro, e Patrimonio Histórico, Luis Bará.

Unhas obras que se realizaron sobre todo para eliminar humidades e que diron unha volta radical ao aspecto exterior do teatro, recuperando o aspecto que tiña ao inicio este edificio. A transformación máis visible foi debido ao encalado dos panos construidos con mampostería, deixando ver só os sillares que marcan a estrutura e enmarcan as xanelas.

Algo máis de 100.000 euros serviron para “lavarlle a cara” ao edificio, en palabras de Luis Bará, quen se asombrou de que o encalado non xenerase unha polémica maior. Ademáis da fachada, arranxáronse as humidades, os pluviais, as cubertas, e outros pequenos detalles.