Pídese á xente moza que evite Santa María a fin de semana

204

A concelleira de Festas, Carme da Silva, solicitou onte á xente moza que durante as celebracións festivas da vindeira fin de semana eviten a zona dos arredores de Santa María, pois tanto na Avenida que leva ese nome, como no Campiño como nos arredores da basílica hai persoas que tamén celebrarán o seu día grande festivo.

Da Silva apelou ao grande sentido da responsabilidade que caracteriza á xente máis nova e mostrouse convencida de que non se xenerarán problemas. Esta petición de que cada un respecte o xeito de celebrar a festa dos demáis faise despois dunha xuntanza coa Asociación de Veciños de Santa María na que tamén participaron membros dos dispositivos de seguridade das festas.

Ao coincidir o día 15 en sábado, os actos tanto relixiosos como de lecer e deportivos que se programan nesa zona poderían verse afectados pola maré de xente moza que celebrará a segunda fin de semana de peñas e en xeral toda a programación de Peregrina 2015, que incluen dous conciertos: Quatro dAbril na Ferraría e o dos djs de Máxima FM diante do Concello.

Os actos programados para o sábado comezarán ás 11 cunha partida de xadrez na av. Santa María. Ás 12,30 unha misa seguida de procesión e ás 13,30 haberá un concerto da Banda de Música de Salcedo, no mesmo espazo. Xa pola tarde, está previsto que ás 17,30 dea comezo unha sesión de xogos e tadicións populares.