350 deportistas inscritos no Triatlón Cidade de Pontevedra

287

O triatlón ocupará de novo Pontevedra o próximo domingo, 23 de agosto. Será con dúas probas, unha para deportistas non federados que queiran probar este deporte e outra, oficial e clasificadora para o Campionato Galego de Triatlón.

As distintas probas do Triatlón Cidade de Pontevedra arrancarán do embarcadoiro da Ponte dos Tirantes a partir das 10.00 horas. Están organizadas pola Federación Española de Triatlón.

Un total de153 deportistas inscribíronse para participar no triatlón popular, chamado YOSITRI e que se desenvolverá en cinco probas con distintas distancias.

  1. Supersprint, cunhas distancias de 300 metros nadando, 7,7 km en bicicleta e 2,2 km correndo.
  2. Sprint Relevos, cunhas distancias de 750 metros nadando, 19 km en bicicleta e 4 km correndo.
  3. Sprint, cunhas distancias de 750 metros nadando, 19 km en bicicleta e 4 km correndo.
  4. Supersprint Muller, cunhas distancias de 300 metros nadando, 7,7 km en bicicleta e 2 km correndo.
  5. Sprint Muller, cunhas distancias de 750 metros nadando, 19 km en bicicleta e 4 km correndo.

Por outra banda na proba clasificadora para o Campionato Galego de Triatlón 2015, que terá lugar en Lugo, participarán 191 deportistas federados, que competirán nas distancias longas: 750 metros nadando, 19 km en bicicleta e 4 km correndo. Esta proba, na que haberá atletas de todos os clubs galegos, comezará as 12 horas.