O Concello non dá por perdida a batalla contra Ence

155

Primeiro as declaracións (do conselleiro de Industria) de que Elnosa podía quedarse perfectamente en Lourizán en contra do que se levaba dito até ese momento e agora a solicitude de prórroga de Ence que ademais coincide temporalmente coa resolución da concesión por parte de Costas do Estado, “algún día se saberá o que está negociando Ence e Elnosa co Partido Popular porque leva poñendo toda a maquinaria lexislativa e administrativa, tanto do Estado como da Xunta, ao servizo delas” sinala a concelleira de Urbanismo. Carme da Silva lembra como “primeiro fíxose unha modificación da Lei de Costas ao servizo da permanencia de Ence, despois un regulamento da Lei de Costas que deixa claro, por si quedaba algún resquiciño, que a intención é conceder esa prórroga e despois resólvese a concesión, cunha decisión política na que parece que molesta máis un campo de fútbol que todo complexo industrial de Ence”.

O Concello vai a recorrer a resolución de Costas, que ampara a vixencia da concesión dos terreos en Lourizán. Ten de prazo até o 5 de outubro. “Imos a recorrer pero agora os servizos xurídicos están valorando presentar un requirimento de anulación por vía administrativa antes do recurso  Contencioso” explica Da Silva. “Temos que seguir loitando con todos os medios legais ao noso alcance pero fundamentalmente cos nosos medios sociais, a poboación de Pontevedra rexeitou en numerosas ocasións que Ence siga na ría, xa como un mal menor se aceptaba que se fóra no 2018 e seguiremos loitando”.

Lembra a concelleira de Urbanismo que este complexo industrial púxose no franquismo, en contra da poboación; intentaron consolidalo no fraguismo en contra da poboación e agora queren eternizala”. Fixo un chamamento a toda a sociedade para que non se quede quieta “porque non imos dar a batalla por perdida”.

A Xunta de Galiza ten que emitir un informe ambiental  – “preceptivo pero que nin é vinculante” – sobre a solicitude de prórroga de Ence e o Concello de Pontevedra dille que utilice os recursos que ten, pois ten as competencias exclusivas en ordenación do territorio. “Que as use para impedir que, pola vía de modificación da Lei de Costas e por todo o que se fixo a continuación, se poda manter eternamente Ence, porque xa estamos falando de períodos que superan con moito o ciclo vital dunha persoa”. En resumo, sinala a concelleira de Urbanismo “estamos a pedir que use as competencias e as exerza en beneficio dos cidadáns e non dunha empresa porque ata agora só as utilizou para facer o plan de incidencia supra municipal nun intento de consolidación e para pasar por riba do Concello nas autorizacións ambientais integradas”

Para Carme da Silva “é dramático o que o PP quere para o concello de Pontevedra. Este complexo industrial púxose no franquismo, en contra da poboación; intentaron consolidalo no fraguismo en contra da poboación e agora queren eternizalo. A dereita de PP traballando o servizo desta empresa”

O tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, saíu en rolda de prensa para “facer un chamamento a toda a sociedade para que non se quede quieta e estea atenta, porque non imos dar a batalla por perdida”.