31 equipos e 400 xogadores disputan o Cidade de Pontevedra de Balonmán

133

O Torneo Internacional Cidade de Pontevedra converte a capital do Lérez no epicentro do balonmán base. Catro xornadas de competición entre equipos, masculinos e femininos, das categorías infantil, cadete e xuvenil que amosarán que este deporte ten unha boa e ampla canteira, que o balonmán ten futuro.

A competición reúne a trece clubs de Galicia – entre outros os pontevedreses Teucro e Cisne-, de Portugal -o Maiastars- e Cataluña -FC Barcelona cadete- que aportan 31 equipos. En total serán case 400 os xogadores participantes no torneo Cidade de Pontevedra.

A competición desenvolverase en catro xornadas, desde a tarde do xoves até o mediodía do domingo 30 de agosto, nos pavillóns Municipal de Deportes, A Xunqueira II e Multiusos A e B.

Os partidos sucesivos serán en horario de tarde, o xoves (de 16 a 20.40 horas); o venres e sábado terán horario de mañá e tarde (de 9.30 a 13 horas e de 16.30 a 20) e o domingo as finais comezarán as 9.30 e rematarán as 13 horas. A entrega de trofeos será as 14 horas.