A CIG pide o apoio do Concello á loita contra a pobreza enerxética

168

O Goberno local levará ó próximo Pleno do Concello de Pontevedra unha moción de apoio a iniciativa lexislativa popular (ILT) de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética que promove a Confederación Intersindical Galega (CIG). Chegado o caso, se dará traslado do acordo á presidencia do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentares e presidente da Xunta de Galiza.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, reuniuse co responsábel comarcal de CIG-Pontevedra, Marcos Conde e con Jon Barturen, membro da executiva comarcal do sindicato para facer público o seu compromiso e o do Goberno local coa iniciativa proposta. “Apoiaremos con toda a forza posíbel a ILT” subliñou o alcalde.

A pobreza enerxética, que en Galiza afecta a unhas 108.000 persoas, ten que ver cos prezos da enerxía – o recibo da luz subiu un 67% nos últimos seis anos e un 107% na última década- pero tamén coa baixa dos salarios ou conxelación, e o desemprego e dicir, coa crise e o empobrecemento social.

Por outra banda as elevadas tarifas explican regulacións de emprego e peche de empresas, pequenas e non tan pequenas, ao non poder facer fronte o pago dos custos enerxéticos. Galiza produce o 12% da enerxía do Estado.