O Concello de Pontevedra ultima as obras de acondicionamento e posta a punto dos colexios cara o inicio do curso escolar 2015-2016 que comeza, en Infantil e Primaria, o próximo 10 de setembro. Até agora se fixeron arranxos por valor de 59.448, 29 euros aos que hai que sumar traballos de limpeza e mantemento a cargo das brigadas municipais, sen custo engadido para as arcas locais.
A día de hoxe están executadas ou a piques de rematar as seguintes obras: arranxo do pavimento dunha aula infantil do CEIP A Xunqueira I (cun custe de 2.217,41 euros); arranxo do peche no CEIP Vilaverde- Mourente (387,20 euros), reforma da marquesiña do acceso principal ao CEIP de Campañó, a reparación e restitución de fiestras da planta baixa do CEIP de Campolongo (actuación máis importante, de 48.750,90 euros) e o tratamento anti termitas no CEIP Froebel que ten un período de execución e seguimento de dous anos (3.388 euros) e que comezou neste.
En total lévanse invertido 59.448, 29 euros.
Este investimento complementarse cunha segunda partida de 43.748,30 euros para un conxunto de obras que comezan a executarse nesta semana e que son as seguintes: labores de mantemento do pintado interior da EEI Fina Casalderrey (9.811,89 euros), reparacións varias no parque infantil do CEIP Álvarez Limeses (8.825,14 euros), labores de mantemento do pintado interior no CEIP Cabanas-Salcedo (7.033,87 euros) e labores de mantemento e mellora de condicións de seguridade do pavimento exterior no CEIP Vilaverde- Mourente.
Por outra banda as brigadas municipais acometeron diversas tarefas de acondicionamento ou están en proceso as seguintes actuacións: pintado dos vestiarios do pavillón deportivo e da aula infantil do CEIP A Xunqueira I, ademais do arranxo de beirarrúa do edificio de Eduacción Infantil.
Tamén fixeron a limpeza do acceso exterior (beirarrúas, escaleiras e muros) con chorro a presión do CEIP Santo André de Xeve e se está pintando a gardería de A Parda.