Educación reunirá o Consello Escolar Municipal tres anos despois do seu último encontro

138

A Concellaría de Educación, que xestiona Carmen Fouces, convocará para a semana do 21 de setembro o Consello Escolar Municipal, que se reuníu por última vez no ano 2012.

O obxectivo desta convocatoria é dar a coñecer as liñas de actuación da Concellaría para os vindeiros catro anos, e tamén para recadar información de toda a comunidade escolar sobre o funcionamento da Educación no Concello. Neste momento traballa en pechar a orde do día do consello.

O propósito da concelleira de Educación é abrir este consello a todas as anpas e direccións dos centros de ensino que o desexen asistir.