O programa de alimentos de verán atendeu a 240 nen@s en xullo e agosto

202

O programa de alimentos de verán da Concellería de Benestar Social cumpriu o seu obxectivo: garantir que todos os nenos e nenas do municipio puideran comer nas súas casas con seus pais e irmáns sen ter que desprazarse a ningures.

No mes de xullo se lles prestou apoio de alimentos a 243 nen@s de 126 familias diferentes mentres que en agosto houbo un beneficiario e unha familia menos, é dicir, 242 menores de 125 núcleos familiares. Foron un 38% de familias máis das previstas xa que as estimacións municipais cifraba en arredor de 90 -un número similar ao do ano pasado- as familias que se acollerían ao programa asistencial.

Tiveron acceso a este programa os nenos becados nos comedores escolares polos Servizos Sociais Municipais e tamén os pequenos das familias que solicitaran Axudas de Emerxencia. Ademais os nen@s de familias usuarias de Servizos Sociais que foron ás ludotecas tamén recibiron beca de comedor no tempo que estiveron nelas.

Co fin de non sinalar aos beneficiarios do programa de alimentos, o programa contemplaba a entrega dunha compra semanal a todas as familias dun supermercado local. As compras -con produtos frescos e de primeira necesidade- fixéronse en función do número de membros da familia.

A Concellería de Benestar Social destinou 63.000 euros ao programa.