Aberto o prazo de inscrición para participar no Pontevedra Non Stop BTT 6-12 horas

175

Nestes días comeza o prazo de inscrición para participar no Pontevedra Non Stop 6-12 horas BTT que se celebrará o vindeiro 3 de outubro no Pontillón do Castro. Esta proba está organizada por Global DXT S.L. en colaboración coa Concellaría de Deportes de Pontevedra, e o club ciclista pontevedrés A roda do demo.

O Pontevedra Non Stop é unha proba non competitiva de bicicleta de montaña, na que os participantes teñen que percorrer unha distancia de 10 km e tentar dar o meirande numero de voltas. A participación pode ser individual ou en equipos de dúas, tres ou 4 persoas, facendo equipos masculinos, femininos ou mixtos.

Este ano, ademáis da categoría de 12 horas, incorpórase a de 6 horas, co propósito de que a proba se achegue ao maior número de persoas abrindo a posibilidade de inscrición para persoas con discapacidades que terán o mesmo percorrido que o resto dos participantes.

É importante destacar que é unha proba para todo o mundo, donde todas as personas teñen cabida, xa que permite que cada un poida marcar os seus obxectivos. Reto, superación, diversión, esforzó, compañerismo, respeto… son as máximas da proba.

A organización encargarase de bolsa do corredor, control de tempos por chip, diploma acreditativo, finisher especial ao mellor tempo de cada categoría, avituallamentos sólido/líquidos, zona de comedor, zona de quencemento, masaxistas, zona de carpas, exposición de empresas do sector, ducha, lavado de bicicletas, sorteo de agasallos son moitas das cousas que ofrece este ano o Pontevedra non stop.

A data límite de inscripción é o 21 de setembro e o número de plazas está limitado a 500 participantes, na actualidade están inscritos arredor de 200 ciclistas. Para poder inscribirse os participantes teñen que facelo a través do web www.globaldxt.com, lugar no que atoparán toda a información do evento, así como no facebook do Pontevedra non stop.

Panadería a Devesa, Voz y sonido, Cocacola, Federación de Piragüismo, Hotel Avenida Pontevedra, Radio Pontevedra, Motobike, Biciocon, Óptica Martínez, Borjasbike, Casa Roman, Vepersa, El tablero, bar Roberts… son algúns colaboradores que fan posible este evento.