A Concellería de Servizos en coordinación coa de Festas elaborou un operativo de limpeza específico para a Feira Franca. Comezará ás 06.00 horas do domingo 6 de setembro e nel participarán 58 persoas -das que 30 farán o traballo a pé-. Se axudarán de múltiples equipamentos: 4 furgóns sopradora, 4 varredoiras beirarrúas, 2 varredoiras de calzada, 3 lava beirarrúas, 4 camións de recollida de lixo e 1 cisterna con auga para baldear.
Para sacar adiante o traballo se dividirá todo o recinto da festa en cinco espazos de actuación: A Pedreira, A Ferrería, Teucro, Santa María e Alameda. En todos estes ámbitos – agás a zona da Alameda que se limpará ó remate de todo centro histórico co mesmo persoal- traballarán seis o sete peóns de limpeza e un de baldeo manual, máis os operarios que levarán un furgón sopradora, unha varredoira de beirarrúas, un camión de recollida de lixo, en tanto que dúas varredoiras de calzada e tres lava beirarrúas limparán todo o recinto.
Tamén haberá un operativo especial de limpeza na mañá do sábado, 5 de setembro no que participarán 19 traballadores, sete de eles a pé. Contarán co apoio de 1 furgón sopradora, 3 varredoiras, 1 lava beirarrúas e 2 camións de recollida de lixo.
Por outra banda para manter o recinto da Feira Franca en perfecto estado de limpeza, a empresa concesionaria Cespa tamén realizará o baldeirado de papeleiras e recollida de lixo en distintos puntos do centro histórico durante toda a xornada do sábado, 5 de setembro.