Xuventude retoma Pisando Forte para axudar á mocidade na procura de emprego

157

A Concellería de Xuventude retoma a iniciativa “Pisando Forte” para mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través de formación. Vai dirixida a xóvenes de entre 16 e 35 anos. As datas de inicio e fin de solicitudes on line pódense ver na web https://xuventude.pontevedra.eu.

  • CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA E COMPETENCIA DIXITAL Coñecementos básicos e xerais de informática e internet, redes sociais, correo electrónico, telefonía móbil, prevención , filtros, cortalumes, etc…
    • Imparte: Casa Azul
    • Datas: martes e xoves do 13 outubro ao 12 novembro ( cambio de datas respecto ao programa impreso)
    • Horario: 11,30-14,30h.
    • Lugar: Casa Azul
    • Prazas: 18
    • Duración: 30 horas
    • Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 30 de setembro
  • INTRODUCIÓN Á AGRICULTURA ECOLÓXICA. En diversas ocasións, o agro galego axudou a amortiguar períodos de crise económica. Este fenómeno obsérvase tamén no actual contexto, no que numerosas fincas a barbeito durante anos pasan a ser traballadas como medio económico ou de subsistencia. Este curso quere servir de axuda a aquelas persoas que, ben por vocación ou por necesidades do momento, pretenden este achegamento ao agro, tendo por obxectivo achegar a agricultura ecolóxica, un dos poucos sectores que segue medrando mesmo en época de crise.
    • Imparte: Ventos Estudos Ambientais
    • Datas: mércores e xoves do 16 setembro ao 15 outubro
    • Horario: 17,30-20h.
    • Lugar: Pazo da Cultura e outros espazos de práctica
    • Prazas: 25
    • Duración: 29 horas
    • Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 9 de setembro
  • CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN DINAMIZACIÓN RURAL. Curso destinado a complementar a formación de profesionais, dotándolles de información, técnicas e recursos específicos para a programación e desenvolvemento de actividades no medio rural que favorezan a súa dinamización e aproveitamento.
    • Requisitos: formación previa vinculada: monitorxs de tempo libre, educadorxs sociais, animadorxs socioculturais, educadorxs, técnicxs en actividades no medio natural e outrxs profesionais relacionadxs co medio natural e rural .
    • Imparte: Anias Xestión e Formación Sociocultural
    • Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 outubro
    • Horario: 10-14h. e 16-20h.
    • Lugar: Casa de Cultura do Salgueiral (Bora)
    • Prazas: 25
    • Duración: 40 horas
    • Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 15 setembro
  • SÁCALLE PARTIDO Á TÚA MARCA PERSOAL. Que é a marca persoal? Introdución ás redes sociais (Linkedin, Google Plus, Twitter, Blogs, Youtube, Facebook). Ferramentas para xerar contido atractivo e estratexias. Xerar oportunidades a través da nosa marca persoal.
    • Imparte: Xeneme Proxectos Sociais
    • Datas: 7,8,14,15 outubro
    • Horario: 16-20h.
    • Lugar: Casa Azul
    • Prazas: 20
    • Duración: 15 horas
    • Preinscrición: a partir do 14 de setembro ao 27 de setembro
  • COMMUNITY MANAGER. Coñece o mundo das redes sociais e sácalle partido profesionalmente. Mellora das túas condicións e capacidades para a venda de produtos e servizos por Internet.
    • Imparte: Xeneme Proxectos Sociais
    • Datas: 21,22,28 e 29 outubro
    • Horario: 16-20h.
    • Lugar: Casa Azul
    • Prazas: 20
    • Duración: 15 horas
    • Preinscrición: a partir do 14 de setembro ao 11 outubro