Novos autobuses adaptados nas flotas de Cuiña e Rías Baixas

181

A Empresa Cuiña e Autocares Rías Baixas incorporan as súas flotas novos autobuses adaptados a persoas con mobilidade reducida. Os vehículos contan cunha plataforma elevadora e espazo acondicionado para a fixación de cadeiras de rodas. As prazas dos autocares poden configurarse en función das cadeiras que teñan que viaxar suxeitas ao piso do autocar.

A presentación dun novo autobús adaptado da Empresa Cuiña fíxose no Adro da Igrexa de San Martiño de Salcedo e hasta alí foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, ademais dunha ampla representación de colectivos veciñais e representantes da asociación Amizade que avalaron a accesibilidade dos autobuses e recoñeceron a actitude receptiva da empresa respecto das necesidades das persoas con discapacidade.

Pontevedra é unha cidade pensada para as persoas, para todas e sen excepción, e os seus servizos teñen que estar a altura deste obxectivo. Empresas como Cuiña asumen o reto e fan da accesibilidade un valor intrínseco da compañía.