O Concello adxudica por 16.000 euros a encadernación de publicacións até o ano 2019

138

A encadernación de libros -actas, convenios, proxectos…– no Concello de Pontevedra está garantida para os próximos catro anos. A Xunta de Goberno acordou adxudicar a empresa Calco SL o servizo por 27,58 euros o tomo, sinalou o portavoz do Goberno local, Raimundo González.

A firma comprométese a entregar os traballos encargados nun prazo máximo de 72 horas e recibirá polo servizo contratado un total de 16.000 euros.

Axuda a menores

Por outra banda, a Xunta de Goberno vén de formalizar con AMA o convenio de colaboración co programa que desenvolve a Concellería de Benestar Social para cubrir as necesidades de alimentación dos menores nos meses de verano e que nesta ocasión contou con algo máis de 240 rapaces. O programa ten un custe de 63.500 euros e deles a Agrupación Mutual porá 24.000 euros. Os 39.500 euros restantes ponnos o Concello.

No mes de xullo o programa atendeu a 243 nenos e nenas pertencentes a 126 familias e no mes de agosto os beneficiarios foron 242 de 125 núcleos familiares.

A cargo do programa se lles comprou material escolar complementario como mochilas, chándal, etc..