O Concello tramita tres solicitudes para a creación de máis prazas hoteleiras na cidade

96

A Comisión de Urbanismo abordou esta mañá dous expedientes para a creación de novas prazas hoteleiras na cidade de Pontevedra. Unha licenza para un albergue na rúa Peregrina que ten algún pequeno defecto de forma que deberá subsanar o particular, e tamén ofreceu información á empresa Buildingcenter S.A. que solicitou información urbanística sobre a parcela situada na fronte da ponte dos Tirantes, destinada, única e exclusivamente para hotel.

Ademais, outra instalación destas características está tramitando a súa licenza na rúa Alta, con igual propósito.

A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva destacou a importancia de que grupos empresariais que se adican á hospedaxe presenten proxectos para dar servizos destas características na cidade, o que quere dicir que Pontevedra é unha cidade atractiva para este sector, un dos piares que quere promover o Goberno Local de Fernández Lores.