O Pavillón do Príncipe Felipe acolle esta fin de semana o 17 Torneo Internacional de Tenis de Mesa

119

O Pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe acollerá esta fin de semana o XVII Torneo internacional Tenis de Mesa Monte Porreiro no que participarán arredor de 200 deportistas de todas as categorías. O torneo foi presentado esta mañá polos directivos do Club de Tenis de Mesa Monte Porreiro quen informaron que habería distintas novidades como premios para todos os semifinalistas e tamén para todas as categorías prebenxamíns e benxamíns.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que compartiu coa deputada de Deportes, Chelo Besada, esta presentación convidou a todos os pontevedreses a subir até o pavillón de Príncipe Felipe, sábado e domingo para ver como se xoga ao tenis de mesa, “que é o segundo deporte máis completo”.

O Torneo Internacional Tenis de Mesa “é o de maior calidade que se celebra en Galicia no verán”, segundo o alcalde, quen lembrou que a competición é de 09.00 horas a 21.00 horas.

Tenis de mesa