Retirada de semáforos en beiramar para facilitar o tránsito de peóns

155

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de retirada de varios semáforos de peóns da avenida de beiramar dende a Ponte de Santiago até o Gremio dos Mareantes. Trátase dunha intervención que pretende facilitar o paso de peóns, dado que todos os puntos nos que se retiran semáforos xa existen pasos de peóns elevados.

Durante toda a semana traballarase en distintos puntos tanto da avenida do Uruguai como das Corvaceiras. Na actualidade en todo este ámbito hai oito semáforos e retíranse cinco.

Estanse a sacar os seguintes semáforos:

  • Na traseira do Mercado de Abastos
  • Fronte ao xacemento arqueolóxico de Valentín García Escudero
  • Dous entre a Ponte das Correntes e a Ponte da Barca -o segundo e terceiro, xa que nese tramo hai catro.
  • Un na avenida das Corvaceiras -o primeiro pasada a Ponte da Barca.