Promovido polo Pazo da Cultura e a través de Esmerarte Servizos Artísticos, o Ciclo Imperdibles naceu en 2014 co propósito de dotar ás Rias Baixas dun ciclo de música internacional. Daquela puidemos gozar de actuacións de bandas como Fanfarlo (UK), Zoé (México), Elie Paperboy Reed (USA) ou Vetusta Morla, todas elas cunha magnífica acollida.
Este outono, o ciclo regresa ao Pazo e contará con The Sonics como primeira confirmación.
Orixinarios de Tacoma, Washington, The Sonics naceron en 1963 e son mundialmente recoñecidos como a primeira banda de punk ou garaje ou hard rock ou alternativa, que sentou as bases para todos os que chegaron logo. The Sonics era a banda que todo o mundo quería ver, a sensación,…
O feito de deixar os escenarios tan cedo non evitou que o seu legado continuara vixente durante décadas grazas aos seguidores/as que difundiron a súa música. Unha afición que propiciou que a finais de 2007 o grupo decidirá reunirse para ofrecer dous espectáculos nos que esgotaron as localidades. Un retorno que conseguiu que promotores, xornalistas, críticos, festivales e seguidores de todo o mundo gozaran novamente da música dun grupo que durante anos os inspirou.
Un novo disco, ‘This Is The Sonics’, cos membros orixinais Jerry Roslie (voz e teclado), Rob Lind (saxo, armónica e voces) e Larry Parypa (guitarra), xunto ao baixista Freddie Dennis e Dusty Watson á bateria, amosa ao grupo na súa mellor forma 50 anos máis tarde.
Acompañaranos os galegos The Soul Jacket, que presentan o seu terceiro LP: ‘Black Cotton Limited’, un disco redondo, que sobrepasa o listón dos seus predecesores e amosa a unha banda máis exposta e inspirada ca nunca.
As entradas pódense mercar xa en Ticketea e nas próximas horas en Ataquilla a un prezo de 25€ + gastos de xestión.