O Concello impulsa o proxecto de saneamento do río Gafos, abandonado pola Xunta

138

A vontade do Goberno Local de Pontevedra segue sendo apostar polo saneamento do río Gafos, a pesar de que Augas de Galiza decidira non seguir sufragando este proxecto que afecta a varios concellos e está adscrito á súa parte no último convenio de saneamento. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que “aínda que Augas de Galiza desistiu do proxecto, o Goberno local asigna 50.000 euros para poder licitalo”, xa que “hai unha vontade inequívoca de abordar o saneamento nos Gafos”.

Explicou o portavoz do Goberno e responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González, que a pesar da renuncia da Xunta neste momento hai varias vías abertas para poder sanear o río Gafos: ben realizar un convenio coa Deputación provincial, ou ben que sexa executado polo Concello sen colaboración doutra administración.

Sexa como sexa, Raimundo González adiantou que aínda que o proxecto supera o millón de euros, “temos que ver se podemos licitalo este ano e ver se se poden iniciar as obras”, de aí a incorporación, na vindeira modificación de crédito, de 50.000 euros para este fin.

Ademais, Raimundo González manifestou que o Goberno Local quere deixar aberto o proxecto de saneamento do Gafos, non restrinxíndoo a intervención pactada con Augas de Galiza, dado que “ao mellor podemos facer outras intervencións no curso do Gafos”, manifestou Raimundo.

Raimundo González Carballo: