Aprobada a oferta pública do Concello para o ano 2015

696

A Xunta de Goberno local ven de aprobar a oferta pública de emprego do Concello de Pontevedra para o ano 2015, “a maior desde que comezou a crise económica”, subliña o portavoz do Goberno local, Raimundo González.

A oferta de emprego aprobado é de 36 postos de traballo. As prazas ofertadas son as seguintes: 9 de administrativos, 3 de auxiliares administrativos, 2 subalternos, un titulado técnico, un inspector de urbanismo e medio ambiente, un intendente de la Policía Local, 2 inspectores, 3 oficiais e 3 gardas da Policía Local, 2 bombeiros condutores, un electricista, un mestre de obras, un oficial electricista, un oficial albanel, 2 oficiais de obra, un oficial carpinteiro e un sepultureiro.

Obra en Lérez

Por outra banda, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou á Ediserpo, por 236.520 euros, a obra de pavimentación e renovación de servizos da Porta da Coxa, en Lérez. Unha actuación que se enmarca na política de implantación dos parámetros de calidade urbana no rural pontevedrés.

O portavoz municipal, Raimundo González, explicou que empresa adxudicataria ofertou melloras complementarias á obra como incrementar a capa asfáltica nun centímetro e construír tres “lombos” co fin de reducir a velocidade na zona e garantir a seguridade viaria.