A II Andaina Ponteandar 50 km agarda chegar aos 300 participantes

179

O Club de Montañeiros A Roelo de Pontevedra, en colaboración co Concello e o IMD, organiza a segunda edición da andaina Ponteandar 50 km. A cita é o próximo 26 de setembro. A proba inclúese na Copa Galega 2015 de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo. É a ultima proba dun calendario de oito.

Coincidindo coa andaina de 50 km desenvolverase unha andaina curta, cun percorrido de 30 Km.

O saída para as dúas modalidades será do Pavillón Multiusos da Xunqueira (rocódromo) , as 9.00 horas e o peche de proba está previsto, no mesmo lugar, ás 20.15 para a chegada dos participantes e ás 21.00 para a clausura.

O presidente do Club de Montañeiros, Manuel Veloso, agarda chegar aos preto de 300 participantes. Os interesados en participar poden inscribirse até o día 23 de setembro Toda a información na web do club www.aromon.es