O Concello recibe a visita de Serigne Mame Mor Mbacke

157

A alcaldesa en funcións, Carmen da Silva acompañada da concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces recibiron esta mañá a Serigne Mame Mor Mbacke, considerado o “papa” de Senegal, que está a facer a segunda xira por Europa. Nesta semana visita Pontevedra onde se reúne coa comunidade senegalesa de Galicia: arredor de 750 senegaleses, dos cales 200 residen en Pontevedra.

Nesta reunión fixeron un intercambio de opinións sobre a situación e integración da comunidade senegalesa en Pontevedra.