Pisando forte amplía a preinscrición no curso de especialización en dinamización rural

161

A Concellaría de Xuventude a caba de ampliar o Curso de especialización en dinamización rural incluído dentro da programación de Pisando Forte, que busca mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través de formación. Vai dirixida a mozos de entre 16 e 35 anos.

O curso ofertado está destinado a complementar a formación de profesionais, dotándolles de información, técnicas e recursos específicos para a programación e desenvolvemento de actividades no medio rural que favorezan a súa dinamización e aproveitamento.

O prazo de matriculación amplíase até o 20 de setembro on line en https://xuventude.pontevedra.eu  no Formulario Pre-Incribete do programa “Pisando Forte”, ou ben presencial até o 18 de setembro na Oficina de Xuventude en horario de 9 a 14 h. na  “Casa Azul”, 3º andar .tel.  986 84 03 67 correo: xuventude@pontevedra.eu

Para poder inscribirse neste curso, é preciso ter unha formación previa vinculada á monitores de tempo libre, educadores sociais, animadores socioculturais, educadores, técnicos en actividades no medio natural e outros profesionais relacionados co medio natural e rural.

Os cursos impartiranse os sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro na Casa da Cultura do Salgueiral, na parroquia de Bora, en horario de 10-14 e de 16-20 horas. A Concellaría habilitou para este curso 25 prazas.

         Comeza o curso de agricultura ecolóxica

Por outra banda, este mércores, ás 17.30 horas, comeza nas aulas do Pazo da Cultura o curso de Agricultura ecolóxica. En diversas ocasións, o agro galego axudou a amortiguar períodos de crise económica. Este fenómeno obsérvase tamén no actual contexto, no que numerosas fincas a barbeito durante anos pasan a ser traballadas como medio económico ou de subsistencia. Este curso quere servir de axuda a aquelas persoas que, ben por vocación ou por necesidades do momento, pretenden este achegamento ao agro, tendo por obxectivo achegar a agricultura ecolóxica, un dos poucos sectores que segue medrando mesmo en época de crise.

Neste curso participarán 17 persoas desempregadas do Concello de Pontevedra, e estará impartido por “Ventos Estudos Ambientais”. Contempla contidos teóricos na aula combinados con práctica nun terreo xestionado especificamente para esta formación, onde realizarán a sesión de formación en poda e inxertos, ademais de practicar diferentes técnicas de cultivo.

Ao remate do curso, visitarán unha explotación de agricultura ecoloxica, e coñecerán de primeira man como se planifica e xestiona.

O curso desenvolverase todos os mércores e xoves do 16 setembro ao 15 outubro, en horario de 17,30 a 20h. no Pazo da Cultura de Pontevedra e outros espazos de práctica ao aire libre.

As persoas participantes que superen a formación, recibirán un certificado por 29 horas de duración.

As pre-inscricións para a formación do Pisando Forte continúan na web de Xuventude www.xuventude.pontevedra.eu   Aínda se poden solicitar os seguintes cursos:

        Máis cursos

O programa Pisando Forte tamén oferta os seguintes cursos para o último trimestre do ano.

CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA E COMPETENCIA DIXITAL: Coñecementos básicos e xerais de informática e internet, redes sociais, correo electrónico, telefonía móbil, prevención, filtros, cortalumes, etc…

Imparte: Casa Azul

Datas: martes e xoves do 13 outubro ao 12 novembro ( cambio de datas respecto ao programa impreso)

Horario: 11,30-14,30h.

Lugar: Casazul

Prazas: 18

Duración: 30 horas

Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 30 de setembro

SÁCALLE PARTIDO Á TÚA MARCA PERSOAL. Que é a marca persoal? Introdución ás redes sociais (Linkedin, Google Plus, Twitter, Blogs, Youtube, Facebook). Ferramentas para xerar contido atractivo e estratexias. Xerar oportunidades a través da nosa marca persoal.

Datas: 7,8,14,15 outubro

Horario: 16-20h.

Lugar: Casa Azul

Prazas: 20

Duración: 15 horas

Preinscrición: a partir do 14 de setembro ao 27 de setembro

COMMUNITY MANAGER. Coñece o mundo das redes sociais e sácalle partido profesionalmente. Mellora das túas condicións e capacidades para a venda de produtos e servizos por Internet.

Datas: 21,22,28 e 29 outubro

Horario: 16-20h.

Lugar: Casazul

Prazas: 20

Duración: 15 horas

Preinscrición: a partir do 14 de setembro ao 11 outubro

Tras cada curso, emitirase DIPLOMA ACREDITATIVO polo aproveitamento da formación recibida.

Para máis información: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra, de 9 a 14h. na Casa Azul – r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.eu     www.xuventude.pontevedra.eu