A XIV Volta Ciclista a Galicia remata o domingo en Pontevedra

190

A XIV Volta Ciclista a Galicia remata o próximo domingo, 20 de setembro, en Pontevedra, unha nova proba de alto nivel que amosa a aposta da cidade polo deporte. Dezaoito equipos de categoría elite e sub-23 -entre eles todos os galegos-  participan na carreira que arrancará as 10.00 horas da mañá da praza de España, onde ten previsto concluír as 14.00 horas.

O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, agradeceu publicamente ó Concello “ que se involucre desta maneira coa Volta e coa promoción do deporte” e expresou o seu convencemento de que o domingo a Pontevedra vivirá unha “exitosa” xornada de ciclismo e promoción da cidade. Tiña o lado a Gustavo César Veloso, Álex Marque e a Óscar González Brea, ciclistas profesionais que falan do nivel da cita.

Miguel Fernández Lores declárase “encantado” de recibir a proba que pecha a Volta e aproveitou a presentación para subliñar as vantaxes de acoller iniciativas deste tipo: fomenta a boa saúde, os eventos deportivos de elite son un atractivo máis para a cidade e ademais xera unha importante actividade económica sobre todo para o sector servizos.

O alcalde puxo énfase na experiencia acumulada e amosada nas distintas citas deportivas dos últimos tempos, un éxito que ten moito que ver co traballo feito polo IMD, a Policía Local e os moitos voluntarios que colaboran na organización de cada cita deportiva.

Toda á información da Volta en www.fgalegaciclismo.es