A avenida Josefina Arruti, un novo espazo da Memoria

300

A inauguración da avenida Josefina Arruti (desdobramento da avenida de Vigo) foi máis que a apertura oficial do novo acceso sur á cidade, foi a apertura “dun espazo da Memoria, da Memoria das mulleres” que como Josefina Arruti sufriron represión -no seu caso 18 meses no cárcere de Pontevedra e dous anos máis de arresto domiciliario- por ser á muller do primeiro alcalde republicano de Pontevedra, Bibiano Fernández Osorio Tafall, quen marchou ó exilio deixando atrás a súa familia. Foi quen de plantar cara á adversidade e sacar adiante os seus tres fillos.

“As cidades constrúense con asfalto, con infraestruturas e tamén con símbolos” comezou o concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico, Luís Bará, quen definiu a Josefina Arruti Viaño como unha muller “solidaria”, que non dubidou en abrir o seu panteón familiar para que distintos fusilados recibirán sepultura. Un xesto de solidariedade que a definía.

Os tres fillos de Josefina Arruti acudiron ao acto de inauguración da nova infraestrutura viaria, presidido polo alcalde Miguel Fernández Lores e a ministra de Fomento, Ana Pastor xa que a obra é, coincidiron ámbolos dous, un “exemplo de colaboración entre administracións, “de lealdade institucional”. Xusto antes de comezar o acto, unha ampla comitiva oficial percorreu parte do novo acceso sur, deseñado cos parámetros de calidade urbana que definen o modelo de cidade.

José Ángel Fernández Arruti, a fillo maior de Josefina, tomou a palabra en nome da familia para agradecer que se lle dera o nome da súa nai á nova avenida. “Ë unha grande honra” e unha “enorme alegría”. “Miña nai representa ás mulleres que foron represaliadas por ser familia de homes comprometidos politicamente” apuntou o fillo de Josefina Arruti, quen se amosou emocionado cun recoñecemento que supón “levar unha pequena historia de Pontevedra (a vivida pola súa nai) á grande historia da cidade”. Rematou a súa intervención citando ao avogado pontevedrés Gonzalo Adrio, irmá, sobriño e cuñado de fusilados e vítima da represión franquista:“sen odio, sen rancor pero coa memoria sempre viva”.

A homenaxe a Josefina Arruti e á Memoria das mulleres silenciadas pola represión franquista puxo o sentimento ó acto de inauguración, ao que lle puxo o punto pragmático o alcalde de Pontevedra e a ministra de Fomento.

Miguel Fernández Lores subliñou a “leal” colaboración institucional que hai detrás da obra, pagada polo Estado e deseñada e executada polo Concello” e tivo palabras de agradecemento para os veciños e veciñas da zona que colaboraron “dun xeito exquisito” coas empresas que traballaron na construción e posta a punto da nova avenida.

Pola súa banda Ana Pastor destacou as vantaxes deste novo acceso sur que mellora significativamente a accesibilidade a cidade. “Esta obra vai a dar maior fluidez ó tráfico, unha maior comodidade e unha reordenación urbanística” da zona sur de Pontevedra. É un exemplo de colaboración institucional da que se benefician os ciCAI_9839dadáns aos que non lles importa quen paga, fai ou constrúe a obra se non que se faga.

A construción da avenida Josefina Arruti, cun custe de máis de 7 millóns de euros, permitiu melloras urbanísticas nas avenidas de Vigo e da Estación, así como no Gafos. A UTE adxudicataria – Covsa/ E.C. Casas- incluíu actuacións dirixidas a estender o modelo urbano como melloras na pavimentación, iluminación, plantación de arborado, construción de beirarrúas, novas canalizacións de augas pluviais, etc. Nas actuacións complementarias investíronse 1.160.00.

Triptico Josefina Arruti