A Xunta de Goberno felicita a Javier Gómez Noya

109

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá trasladar os seus parabéns ao quinto campión do mundo de Triatlón e veciño de Pontevedra, Javier Gómez Noya, que con este novo título converteuse no mellor triatleta de todos os tempos “e nos últimos nove anos estivo sempre nos primeiros postos”, segundo indicou o portavoz do Goberno, Raimundo González quen aclarou que o Concello está a programar unha recepción oficial ao triatleta para os vindeiros días.