A zona verde de Pasarón, a licitación

179

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto de reurbanización da zona verde de Pasarón, na avenida da Coruña, que sairá a licitación nos vindeiros días nos boletíns oficiais. O proxecto está valorado en  241.823,45 euros.

A parcela ten unha superficie de 3.486 metros cadrados na que se pretende actuar para resolver problemas de estética xeral porque non é o acceso máis idóneo á grada do campo, problemas de accesibilidade; seguranza para crear un espazo onde se sitúen os vehículos de emerxencia necesarios cando se celebra unha competición deportiva no campo; e crear, tamén, un espazo polivalente.

A obra plantea tres ámbitos de actuación:

  1. A creación dunha plataforma de cinco metros de ancho, máis próxima á grada para facilitar o acceso das persoas ao campo. Terá unha rampa de acceso cunha pendente dun 8% dende a rúa Luís Otero. Esta é unha zona con diferentes cotas de altura. Irá pechada cun muro de formigón cunha altura variable, de arredor 1,5 metros.
  2. Unha zona central de estacionamento dos vehículos de emerxencia nos días de encontros deportivos. Nos días nos que non haxa competición, o estacionamento será libre. O acceso a esta parte será pola rúa Luís Otero e tamén pola avenida da Coruña, aínda que non polo acceso actual, senon máis abaixo.
  3. Unha última será unha zona verde de 1.200 metros cadrados que percorre toda a parcela, dende a rúa Luís Otero até a avenida da Coruña. Levará céspede, rego automático, e soterrarase unha liña telefónica que na actualidade. Tamén se eliminará o peche de rede actual e cintarase o muro de mampostería.

Como mellora do proxecto, o Concello inclúe o acondicionamento do paso entre a igrexa do Burgo e a avenida da Coruña, que ten unhas dimensións reducidas.